UGT denuncia que Galicia ten a taxa de actividade de xente nova máis baixa do conxunto estatal

"A pesar da pouca mocidade" con que conta a comunidade galega, advirte UGT, o seu mercado laboral "non é capaz de ofrecerlles oportunidades".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2021 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

UGT denuncia que Galicia ten a taxa de actividade de mozos máis baixa do conxunto estatal, con motivo da celebración, este xoves 12 de agosto, do día internacional da mocidade.

Ante este dato, o sindicato reclama "medidas específicas para paliar as grandes carencias do mercado laboral xuvenil galego, que xa existían e que se agravaron" debido á pandemia de coronavirus.

"A pesar da pouca mocidade" con que conta a comunidade galega, advirte UGT, o seu mercado laboral "non é capaz de ofrecerlles oportunidades".

En concreto, no seu radiogarafía da situación, fixa no 56,1% a taxa de actividade dos mozos galegos, e confróntaa co 63,7% de media.

Así as cousas, denuncia "precariedade" e advirte de que "se agudizou aínda máis" coa crise sanitaria e as súas consecuencias, polo que o sindicato esixe á Xunta "medidas de choque".

Alumnos dun centro de FP. IREKIA - ARQUIVO
Alumnos dun centro de FP. IREKIA - ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta