A Covid non dá descanso: UCIs cheas e plantas que se baleiran para atender a estes pacientes

Un correo dun departamento do Hospital Clínico da Coruña explícalle aos traballadores que ante o aumento de enfermos por coronavirus é necesario reorganizar todas as plantas para atendelos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2021 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

A quinta onda da Covid-19 volve a deixar estragos nos hospitais galegos. Nun correo electrónico ao que tivo acceso o Galicia Confidencial e que sae dun departamento do Hospital Clínico de A Coruña, baixo a supervisión da xerencia do CHUAC, indícaselle aos traballadores que a Dirección do Hospital, "en base á situación que estamos vivindo en plena expansión hospitalaria de enfermos Covid e tamén cun incremento importante de pacientes Non Covid", están baleirando varias salas hospitalarias para atender a pacientes con coronavirus.

Paciente hospitalizado por COVID-19
Paciente hospitalizado por COVID-19 | Fonte: EP - Arquivo

Entre as plantas que baleiraron está A Novena, Plástica e Trauma pero tamén queren baleirar a 11 de uroloxía, "cos enfermos que queden de Uroloxía serán tratados no Materno Infantil, aínda que seguirán intervindo no HUAC, baixando só os enfermos máis estables", explica o correo electrónico remitido o pasado 30 de xullo.

Ademais, esta situación tamén fixo que o hospital tivese que reorganizar as UCI para atender aos doentes Covid. Ante o peche de varias salas UCIs, converteu unha delas nunha "UCI Covid" que, segundo indican, "acábase de encher esta madrugada cos dous últimos ingresos". Os pacientes Non Covid foron trasladados á UCI Intermedios e á UCI da 6ª planta. 

Porén, desde o hospital esperan que sigan chegando novos contaxiados críticos por Covid polo que se habilitou outra planta para poder atendelos. Ademais, tamén a xefatura do departamento indica que se están suspendendo a maior parte das intervencións quirurxicas e foi necesario reforzar as gardas. "Sinto este esforzo a maiores que temos que facer, pero é o que trouxo esta desmedida quinta onda", finaliza. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta