A Xunta pide "esforzo e implicación" ao Goberno para "axilizar" as obras do tren a Langosteira

Por E.P. | A CORUÑA | 12/08/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, pediu "esforzo e implicación" ao Ministerio de Transporte para "axilizar" as obras do tren a Langosteira.

Fíxoo tras manter unha reunión xunto a Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta, e a Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria. A conselleira considera o proxecto do tren a Langosteira como "a prioridade número un da Xunta", xa que segundo explicou Vázquez, "garante a viabilidade e o futuro do porto e da fachada marítima".

Ethel Vázquez agradeceu ao exministro Ábalos porque "se comprometese e entendese a necesidade dese tren". Esta semana a Autoridade Portuaria anunciou o inicio do proceso de expropiacións para a obra. Vázquez agradeceu "o esforzo" da Autoridade Portuaria para "dar un impulso ás expropiacións e ao desenvolvimento das obras do tren".

REUNIÓN POLA FACHADA

A Autoridade Portuaria convocou unha reunión entre a propia administración, a Xunta e o Concello da Coruña para tratar o futuro da fachada marítima. Ethel Vázquez confirmou a asistencia da Xunta xa que considera que "é en ámbito portuario onde debemos abordar esta cuestión".

O Concello da Coruña aínda non confirmou a súa asistencia. "Esperamos que o Concello da Coruña confirme a asistencia a esta reunión", dixo Vázquez. No caso de que se produza a confirmación, Martínez Prado mostrou a intención de facer a reunión "canto antes".

Punta Langosteira
Punta Langosteira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta