Entidades coruñesas denuncian que a construción na Maestranza vulnera normas de protección patrimonial

A principal alegación que fan estas entidades é que o estatuto non cumpre os acordos da corporación municipal da Coruña e do Congreso de Deputados, ademais de non ter en conta os antecedentes históricos.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/08/2021 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Defensa do Común, xunto a unha vintena de entidades, presentaron alegacións contra o estudo de detalle para a construción de dous edificios nos antigos terreos do Ministerio de Defensa na Maestranza.

Así o anunciou o presidente de Defensa do Común, Manuel Monge,
nunha rolda de prensa que contou con representantes de entidades de veciños e tamén de representantes políticos e sindicais.

A principal alegación que fan estas entidades é que o estatuto non cumpre os acordos da corporación municipal da Coruña e do Congreso de Deputados, ademais de non ter en conta os antecedentes históricos.

Lembran que en 2016 aprobouse se ningún voto en contra unha moción que pedía ao Ministerio de Defensa a devolución dos terreos do Campo da Estrada. Tamén en 2018 instouse a que o Ministerio de Defensa mantivese unha reunión co Concello da Coruña. Manuel Monge pediu "coherencia", e dixo que non se pode ter "unha política na oposición e outra cando se goberna", referíndose tanto ao PSOE como ao PP.

Doutra banda tamén consideran que non se pode aprobar este estatuto xa que habería que modificar o Plan Especial de Protección e Reforma Interior de 2015 (PREPI), xa que as parcelas son de Ben de Interese Cultural e forman parte do sistema defensivo, que está protexido pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia (LPCG).

Ademais sinalan que esta venda vulnera as normas de aplicación directa de protección patrimonial e da paisaxe litoral, xa que, argumentan, tería un impacto en ambos. Tamén denuncian que non se inclúen todos os aspectos da normativa urbanística e que non contén a documentación requirida polo PEPRI de 2015.

PRESIÓN Á XUNTA

Segundo explicou Monge, entre as próximas medidas que tomarán as entidades estará "a presión" á Xunta para que non permita esta venda, xa que tería que pasar o plan de patrimonio. O presidente de Defensa do Común lamentou que o Goberno galego non tomase " iniciativas" ata o momento.

Así mesmo, deixou tamén aberta a posibilidade de que as entidades acudan aos tribunais de xustiza "para paralo". En setembro farán unha campaña informativa na Coruña, especialmente entre os veciños da Cidade Vella. Ademais está prevista unha nova concentración na zona das parcelas.

Concentración de Defensa do Común ante o Concello da Coruña contra a venda de parcelas na  Maestranza. BNG
Concentración de Defensa do Común ante o Concello da Coruña contra a venda de parcelas na Maestranza. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta