A DGT prevé máis de 590.000 desprazamentos en Galicia na operación especial do 15 de agosto

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2021 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

A Dirección General de Tráfico (DGT) prevé máis de 593.000 desprazamentos na rede viaria do noroeste, na que se inclúe Galicia, no marco da operación especial do 15 de agosto, que comeza este venres 13.

Segundo os datos difundidos pola DGT, recollidos por Europa Press, entre as 15,00 horas do 13 de agosto e as 24,00 horas do luns 16 espérase que as estradas do noroeste de España rexistren un nove por cento dos 6.590.000 movementos previsto na rede viaria estatal.

No caso concreto de Galicia, a DGT avisa de que as estradas afectadas con maior intensidade de tráfico nesta operación especial serán a AP-9, A-6, A-8, A-52, A-55 e N-550.

Por provincias, avisa dunha trintena de puntos conflitivos na rede viaria galega, a maioría nas provincias da Coruña e Pontevedra, como o acceso ás cidades e zonas costeiras como a praia da Lanzada en Sanxenxo.

Polo seu lado, nas estradas das provincias de Lugo e Ourense alerta de puntos conflitivos na zona do Alto do Fiouco na A-8, así como no acceso a praias na primeira; e na entrada á capital ourensá, na segunda.

AP-9, Autoestrada do Atlántico / Miguel Riopa - Europa Press. / Europa Press
AP-9, Autoestrada do Atlántico / Miguel Riopa - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta