Gonzalo Caballero cualifica de "caos e fracaso" a xestión sanitaria da Xunta

O secretario xeral do PSdeG anunciou este sábado os 15 eixos cos que contará o relatorio marco do seu partido de cara ao próximo proceso congresual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2021 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, arremeteu contra "o caos e o fracaso" da xestión sanitaria da Xunta tras o ocorrido esta semana, en particular tras o pronunciamento do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a esixencia do certificado covid.

Así o trasladou no marco dunha visita a Vilagarcía de Arousa da man do rexedor e presidente da Fegamp, Alberto Varela, na que o socialista lamentou que os últimos acontecementos "mostran que o Goberno de Galicia non está á altura das circunstancias".

"Listas de espera de 26 días nas comarcas, o colapso da web de autocitas do Sergas, a rectificación polo conflito das vacinas e, agora, a sentenza do TSXG", censurou, para advertir que a comunidade ten "un goberno de chapuza".

Neste sentido, insistiu en que non se pode permitir que "a incapacidade" da Xunta "meta nun limbo a toda a hostalaría" e sinalou que "o caos" da Consellería de Sanidade evidencia que "está superada pola realidade". "Feijóo non pode seguir estando ausente", advertiu, para reclamar que "ten que sacar ao Goberno das vacacións e polo a dar solucións, no canto de crear problemas aos galegos".

Pola súa banda, Alberto Varela reprochou a falta de "diálogo e interlocución" por parte da Xunta cos municipios, que son "o principal eixo de control de todas as medidas sanitarias" e a pesar de trasladar a conveniencia de "manter reunións periódicas" para coñecer a evolución do virus e as medidas a adoptar.

Agora, engadiu, mesmo a policía municipal descoñece a situación na que queda para facer labores de control ante o "limbo legal" do sector hostaleiro e ante unhas medidas que se tomaron sen escoitar "a voz dos concellos" e que coñeceron a través do Diario Oficial de Galicia.

MUNICIPALISMO, "REFERENCIA"

En contraposición, Caballero situou ao municipalismo en "referencia das mellores políticas públicas" á hora de "defender as necesidades da xente en tempos de pandemia" e destacou o "gran traballo" dos alcaldes socialistas por todo o territorio ante estes "meses de enromes dificultades".

Neste sentido, incidiu especialmente no "magnífico traballo" de Alberto Varela e o seu equipo de goberno en Vilagarcía, "un exemplo de dedicación, compromiso e boa xestión".

Alberto Varela e Gonzalo Caballero. PSDEG
Alberto Varela e Gonzalo Caballero. PSDEG | Fonte: Europa Press

CONGREOS DO PSdeG

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou este sábado os 15 eixos cos que contará o relatorio marco do seu partido de cara ao próximo proceso congresual. Así mesmo, engadiu que o alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela, e a rexedora de Betanzos e vicepresidenta da mesma entidade, María Barral, "coordinarán" a elaboración do eixo municipalista.

"Estamos a edificar o mellor socialismo galego", sinalou que virará sobre "catro grandes compromisos: esquerda, feminismo, ecoloxismo e galeguismo-federalismo", Todo iso, sinalou, fronte a un PP "sumido na doutrina conservadora da inacción" e un "nacionalismo galego que se quere abrazar á vía Junqueras, o que non trae nada positivo para Galicia".

Para iso, contarán coa participación de diferentes representantes do partido nas distintas Cámaras e coas achegas da militancia e os grupos de traballo. Os primeiros eixos serán 'A esquerda para a Galicia do 2030', 'Economía próspera e xusta: modernización e emprego' e 'Cohesión social, benestar e servizos públicos: Sanidade, Educación e Políticas Sociais'.

A eles únense os puntos 'Federalismo e galeguismo: o avance do autogoberno galego', 'Municipalismo e concellos en Galicia', 'Feminismo e igualdade', 'Compromiso ecoloxista: Galicia Sostible', 'A vertebración do territorio', 'A Galicia rural e o reto demográfico' e 'Cultura e lingua'.

O resto de eixos do relatorio complétanse con 'O futuro da mocidade', 'Galicia en Europa e non mundo', 'Calidade institucional, xustiza e administración', 'Novos dereitos e liberdades, memoria democrática' e 'O modelo do partido: forza da militancia'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta