Inspección de Traballo notifica que case 9.000 contratos temporais pasan a indefinidos

A campaña afectou a 10.661 persoas traballadoras das que8.920 viron transformados os seus contratos, é dicir, nun 83,7% dos casos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/08/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

Inspección de Traballo de Galicia notificou a transformación en indefinios de 8.920 contratos temporais e o aumento da xornada laboral doutros 1.276. Así o sinalou a Consellería de Emprego e Iguldade nun comunicado, no que abordaron os resultados dos últimos plans de choque desenvolvidos en coordinación co Estado "para loitar contra a fraude na contratación temporal e contra o uso irregular da contratación a tempo parcial".

No último Consello Reitor celebrado polo organismo autonómico de Inspección, realizouse un balance das campañas que levaron a cabo en execución do Plan director por un traballo digno e que alcanzaron a un total de 17.833 traballadores. A través de dous plans, indica a Consellería, os sectores máis afectados foron o da hostalaría e o comercio.

CONTRATOS INDEFINIDOS

Por unha banda, remarcan, conseguiuse a transformación en indefinidos de 8.920 contratos temporais --4.883 homes e 4.037 mulleres--. A campaña afectou a 10.661 persoas traballadoras das que8.920 viron transformados os seus contratos, é dicir, nun 83,7% dos casos.

Os sectores nos que máis fraude se detectou foron a industria manufacturera, nas actividades administrativas e nos servizos auxiliares, e no comercio. Por provincias, A Coruña viu transformados 4.158 contratos en indefinidos (un 85,9% dos casos), seguida de Pontevedra con 2.966 contratos transformados (83,2%).

CONTRATACIÓN A TEMPO PARCIAL

Doutra banda, o plan contra a fraude na contratación a tempo parcial afectou a 7.172 persoas, "incrementándose a xornada laboral de 1.276 traballadores". Un total de 798 casos foron incrementos iguais ou superiores ao 50% da xornada inicialmente declarada, o que supón que este tipo de ampliacións fose do 62,5% das realizadas.

Ademais, nun 64,4%, os incrementos da xornada tiveron lugar en contratos de mulleres, o que supón unha mellora no mercado laboral feminino, "xa que ao lograrse aumentar a xornada laboral, tamén se incrementa o salario".

Os sectores máis afectados neste sentido foron os da hostalaría e o comercio e, por provincias, a maior eficacia rexistrouse en Pontevedra con 544 contratos regularizados (19,5%) seguido de Ourense con 85 ampliacións de xornada laboral (17,9%).

Arquivo - Traballadores de mantemento de infraestrutura ferroviaria de Adif. ADIF - Arquivo
Arquivo - Traballadores de mantemento de infraestrutura ferroviaria de Adif. ADIF - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta