Descenden os contaxios en Galicia, pero segue á alza a presión hospitalaria

Os casos activos baixan en 560 e a taxa de positividade descende ata o 10,9%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2021 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O número de contaxios detectados en Galicia descende ata os 566 --continúa por baixo do milleiro--, mentres que se mantén tamén o das infeccións activas, que baixan ata as 13.495 --560 menos que a xornada anterior--. Pola contra, a presión hospitalaria volve incrementarse, con 337 persoas hospitalizadas por covid, 14 máis. A taxa de positividade tamén baixa ata o 10,9%.

Así o recolle o último balance da situación epidemiolóxica publicado pola Consellería de Sanidade na mañá deste luns, con datos ata as 18,00 horas do domingo, e recollidos por Europa Press. En canto á situación nos hospitais, Galicia ten 337 persoas ingresadas por covid, 14 máis que na xornada anterior. Deles, 63 están en UCI (+2) e 274 en unidades convencionais (+12).

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria, con excepción de Ourense e Vigo onde se mantén nas mesmas cifras e en Pontevedra que descende lixeiramente, nas demais rexístrase un aumento. Así, na área sanitaria da Coruña e Cee contabilízanse 103 ingresados --nove máis-- dos que 83 están en unidades convencionais (+8) e 20 en UCI (+1). Séguelle Vigo que se mantén en 61, con 53 en planta (-1) e oito en UCI (+1).

No caso da área de Lugo, soben lixeiramente os ingresos, cun total de 41 persoas --dúas máis--. Dela, 34 están en planta (+2) e sete en UCI (sen cambios). A de Ourense mantense en 37, con 28 en planta e oito en críticos (sen cambios). Santiago rexistra unha lixeira repunta cun total de 35 pacientes ingresados --dous máis--, dos que 30 están en unidades convencionais (+2) e cinco en UCI (sen cambios). No caso de Pontevedra, son 36 os pacientes ingresados --dous menos--, dos que 28 están en unidades convencionais (-2) e oito en críticos (sen cambios).

Ferrol mantense como a área con menor número de hospitalizados, aínda que rexistra unha pequena subida, cun total de 24 persoas hospitalizadas --tres máis--. Delas, 17 están en planta (+3) e mantéñense sete pacientes en críticos.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Así as cousas, os casos activos de covid-19 manteñen o descenso e son xa once días consecutivos nos que se reduce o número de persoas que atravesan a enfermidade. Deste xeito, Galicia tiña a media tarde do domingo 13.495 casos activos, 560 menos que o día anterior. Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas, menos Ferrol: Vigo (-85), Pontevedra (-115), Ourense (-64), Lugo (-114), Santiago (-117), A Coruña (-85) e Ferrol (+20).

Así, a área da Coruña e Cee mantense á cabeza con máis infeccións activas, con 4.331; seguida da de Vigo, con 3.294; Pontevedra e O Salnés, con 1.417; Lugo, con 1.361; Santiago e Barbanza, con 1.322; e xa por baixo do milleiro, Ourense, con 832; e Ferrol, con 938.

DESCENDEN OS CONTAXIOS

Os contaxios de covid-19 detectados nun día continúan por oitava xornada consecutiva por baixo do milleiro --cifra da que Galicia baixou o luns 2 de agosto por primeira vez desde o 20 de xullo, pero que superaba desde o mércores 4 de novo--. Galicia experimenta unha baixada nos contaxios, con 566 novos, 88 menos que na xornada anterior, cando se rexistraron 654 positivos.

No conxunto de Galicia foron confirmados 543 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica). Por áreas, na Coruña foron 46; en Ferrol; 52; en Lugo, 50; en Ourense, 46; en Pontevedra, 44; en Santiago, 40 e en Vigo, un total de 165.

Por tanto, os contaxiados de Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 171.014 en Galicia, deles 40.504 na área da Coruña e Cee; 35.619 na de Vigo; 25.021 na de Santiago e Barbanza; 20.536 na de Ourense; 20.620 na de Pontevedra e O Salnés; 17.776 na de Lugo; e 10.988 na de Ferrol. 

Persoas acoden ao Espazo Xove de Ourense a realizan algún trámite realacionado coa Covid.. ÁREA SANITARIA DE OURENSE
Persoas acoden ao Espazo Xove de Ourense a realizan algún trámite realacionado coa Covid.. ÁREA SANITARIA DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Galicia levou a cabo desde o inicio da pandemia 2.66.947 probas PCR, 5.298 delas nas últimas horas. En canto á taxa de positividade das PCR, descende ata o 10,9%, aínda moi por encima do 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia.

PERSOAS FALECIDAS E CURADAS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 en Galicia ascenden a 2.516 despois de notificar as autoridades sanitarias este domingo outras dúas vítimas mortais, todas con patoloxías previas. En concreto, foron un home de 84 anos no CHOP e unha muller de 92 anos no Hospital Comarcal de Verín. Fronte a iso, 155.909 pacientes curáronse da covid-19 desde o inicio da crise sanitaria, 1.124 deles nas últimas horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta