O alcalde de Ourense quere "fomentar a operatividade" do Concello redistribuíndo as oficinas municipais

Segundo o alcalde Gonzalo Pérez Jácome, a actual distribución de espazos "vén dunha decisión equivocada: a idea horrenda de pensar que se ía a revitalizar a zona vella con oficinas administrativas".

Por E.P. | OURENSE | 17/08/2021 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, redistribuirá o emprazamento de oficinas do Concello para conseguir, sostén, "unha maior operatividade, eficacia e eficiencia no traballo municipal". O rexedor considera que a actual distribución de espazos e dispersión de oficinas polo centro histórico da cidade é unha "herdanza moi daniña que deixaron anteriores alcaldes".

Neste sentido, asegura que "non se pode ser operativos cando o persoal está repartido en pisos e vivendas pola zona vella, cando o que se precisan son espazos diáfanos, con postos de traballo próximos e comunicados".

A actual distribución de espazos, sostén Pérez Jácome, "vén dunha decisión equivocada: a idea horrenda de pensar que se ía a revitalizar a zona vella con oficinas administrativas, algo que non se conseguiu, xa qe para revitalizar a zona o que se necesita é que haxa vivendas habitadas".

Así, para conseguir unha maior operatividade no funcionamento do concello, o rexedor prevé unha reordenación de espazos municipais. A oficina do Servizo de Rehabilitación, Vivenda protexida e PERIs, que actualmente se atopa na rúa Primavera, trasladarase á sede da Concellaría de Urbanismo, que está na rúa García Mosquera.

Tamén se trasladarán proximamente a un novo emprazamento a área de Infraestruturas.Tamén cambiarán o seu emprazamento proximamente servizos que se atopan na actualidade na praza de San Martiño como son Comercio, Educación ou Turismo e Termalismo.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, xunto co profesor Andrés Mazaira presentando un informe.. CONCELLO DE OURENSE
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, xunto co profesor Andrés Mazaira presentando un informe.. CONCELLO DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta