Os servizos de emerxencia atenden a unha menor que tiña os dedos pillados nunha porta

Nese momento, os xestores do CIAE-112 informaron os Bombeiros da cidade, aos servizos médicos, á Policía Nacional e Local e aos membros de Protección Civil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia tiveron que prestar axuda a unha menor á que quedaron os dedos atrapados nunha porta, en Pontevedra, segundo informa o 112 Galicia.

O aviso recibiuse sobre as 09,45 horas deste martes. En concreto, unha persoa solicitaba axuda para liberarlle os dedos a unha menor ao quedarlle atascados na porta dun domicilio, na Rúa de Focarei.

Nese momento, os xestores do CIAE-112 informaron os Bombeiros da cidade, aos servizos médicos, á Policía Nacional e Local e aos membros de Protección Civil.

Finalmente, os Bombeiros de Pontevedra indicaron que lograron liberarlle a man para que puidese ser atendida polo persoal sanitario. Posteriormente, foi trasladada ao Hospital Provincial.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta