A USC sitúase entre as 500 mellores universidades do mundo no AcademicRanking of World Universities

A Universidade viguesa está no intervalo 501-600 a nivel mundial e no 13-17 respecto das súas homólogas estatais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2021 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela sitúase un ano máis entre as 500 mellores institucións académicas do mundo segundo a clasificación Academic Ranking of World Universities (ARWU), tamén coñecida como o ranking 'Xangai'.

En concreto, atópase no intervalo 401-500 das mellores universidades a nivel mundial e no 9-12 de entre as 39 mellores do Estado español, segundo informa a entidade.

Pola súa banda, a Universidade viguesa está no intervalo 501-600 a nivel mundial e no 13-17 respecto das súas homólogas estatais.

O ranking clasifica a estas institucións en función de diversos parámetros de rendemento académico ou de investigación, como persoal investigador altamente citado ou o recoñecemento de docentes e antigo alumnado ou as publicacións incluídas en revistas como 'Nature' ou 'Science', entre outros criterios.

Facultade de Medicina de Santiago de Compostela
Facultade de Medicina de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta