A Deputación de Ourense prepara un programa de actos para 2022, ano do bicentenario do goberno provincial

Así, durante o encontro formuláronse propostas para a celebración desta efeméride, entre elas seminarios de debate con expertos ou unha exposición que podería ter carácter itinerante.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2021 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense conmemorará o próximo ano o bicentenario do goberno provincial, que se cumpre o 26 de maio de 2022, cun amplo programa de actividades.

Este mesmo martes, o presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse co profesor titular de Historia do Dereito da Universidade da Coruña, Eduardo Cebreiros, como parte do inicio dos preparativos.

Cebreiros forma parte dun equipo de historiadores de todas as comunidades especializados no papel que xogan estes gobernos desde a súa constitución.

Así, durante o encontro formuláronse propostas para a celebración desta efeméride, entre elas seminarios de debate con expertos ou unha exposición que podería ter carácter itinerante.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar | Fonte: Deputación de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta