GC Aberto

Cara a onde vai a Atención Primaria!

Por admin | GC ABERTO | 18/08/2021

Comparte esta noticia

“As negociacións adoitan ir mellor cando hai confianza. É moi difícil negociar cando ambas partes desconfían”. Samuel Johnson: UK. 1709-1784: poeta, ensaísta, biógrafo, lexicógrafo e crítico literario en lingua inglesa.

Manifestación en Santiago de Compostela  dos médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Manifestación en Santiago de Compostela dos médicos de Atención Primaria de Galicia para solicitar maior tempo de atención aos seus pacientes. Álvaro Ballesteros - Europa Press

O 08/04/2019 desconvocouse a folga na Sanidade Pública Galega, que estaba prevista para os días 9-10 e 11 de abril. Fixémolo in extremis, cando se cumpliu a condición principal: a Mesa de Diálogo entre a Administración Sanitaria e as Entidades que formamos parte do Sistema Sanitario Público, para elaborar o Novo Modelo de Atención Primaria (AP) no País. Así, constituíuse o Consello Técnico de AP de Galicia, que comenzou a súa andaina creando 15 Comisións Técnicas (CT) que abordasen toda a poblemática existente na AP. As 8 primeiras CT eran das Entidades que formamos partes dos Centros de Saúde (C de S): Enfermaría, Médicxs, Odontólogxs, Traballadorxs Sociais, PSX, Matronas, Farmacéuticxs e Fisioterapeutas. As outras CT son de Desburocratización e mellora da xestión da Incapacidade Temporal, a relación entre AP e Atención Hospitalaria, Formación e Docencia, Análise Demográfico, Prescripción Eficiente e a de Intervención Comunitaria. Somos 208 persoas traballando, 30 entidades, que de forma desinteresada, queremos conseguir un Novo Modelo de AP. A día de hoxe, evaluadas casi todalas CT, queda a 9 que será a que dictamine cal será a AP do futuro en Galicia?

Tanto a administración como as entidades que estamos na negociación, recibimos múltiples presións de diferentes colectivos que queren posicionarse no novo modelo. Pese a isto e á pandemia da Covid-19, o Consello Técnico está funcionando e elaborando informes, que van a cambiar a dinámica de traballo nos C de S e nos PACs.

Medidas que consideramos prioritarias, serían cambios organizativos, como potenciar o carácter Interdisciplinario e Integral dos C de S, potenciando e incorporando novas categorías profesionais, para dar resposta ás necesidades e problemas sanitarios da poboación: Psicoloxía Clínica, Logopedia, Atención Temperá, Terapia Ocupacional, Farmacoloxía Clínica. Incrementar de maneira importante os recursos humanos dos C de S: coñecer o censo real de vacantes e adaptar a OPE a esas vacantes.

Desmedicalizar a AP, potenciando e priorizando as actividades de promoción, prevención, rehabilitación e reinserción social, facendo fincapé no traballo en equipo.

Reorientar a AP cara a un modelo Comunitario e Participativo, transformando as Áreas de Saúde en espazos para unha atención integral, baseada no diagnóstico de problemas, necesidades e recursos relacionados coa saúde: Plans de Saúde a nivel local. Potenciar as relación dos C de S cos Hospitais de Área.

Mellorar a accesibilidade da poboación a atención de saúde e acabar coa masificación das consultas: incrementar os recursos humanos en función das necesidades e demandas de atención. Potenciar as áreas de recepción e apoio administrativo.

Incrementar os C de S nas áreas rurais, para acercar a atención a toda a poboación. Priorizar a Atención Presencial e utilizar a consulta telefónica e a telemedicina de xeito complementario. Mellorar a atención domiciliaria. Cando se aproben os acordos alcanzados nas 15 Comisións Técnicas, cando finalicen os traballos da Primeira Fase, convocarase o Plenario do CT e establecerase unha folla de roteiro, para seguir a aplicación do acordado. Debe convocarse de forma urxente a Mesa Sectorial cos Sindicatos, para aprobar os cambios nas condicións de traballo do persoal. A administración debe establecer un calendario orzamentario para acompañar a posta en marcha das medidas, e debe facer cambios lexislativos (recuperar Áreas Sanitarias, recuperar a Participación Cidadá e Profesional). Recuperar as Xerencias de AP. Derrogación das dúas reformas da Lei Galega de Saúde (a segunda por ser Inconstitucional). Cando se firme o acordo, consensuado, entre o SERGAS e as Entidades que formamos parte do CT, faremos a Atención Primaria do Futuro!

Artigo do Dr. Xosé M.a Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Cando teñas un problema grave crea unha Comisión (eiquí como se pode ver o problema é gravísimo pois crearon 15 Comisións) Mentras traballan as Comisións o SERGAS pecha por vacacións e solicitar unha cita en Atención Primaria estase a converter en tarefa imposible (máis de 15 días de demora e colapso das urxencias) Dende a demisión dos 21 Xefes de Servizo seguimos igual ou peor... Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk

1 Gamela

Logo de 8 meses vacunando no IFEVI o alcalde de Vigo abre a boca contra Conselleiro de Sanidade https://youtu.be/i4Pwq_VbhqE