O Concello de Lugo fará un estudo piloto para planificar o control climático dos barrios

A cidade terá o primeiro barrio multiecolóxico en España, situado nas Gándaras.

Por E.P. | Lugo | 18/08/2021 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O Concello de Lugo elaborará un estudo piloto para planificar o control climático dos barrios da cidade, segundo informa o consistorio.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na presentación do proxecto para o control climático
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na presentación do proxecto para o control climático | Fonte: Concello de Lugo.

A finalidade da actuación é "poder deseñar as novas urbanizacións segundo variables do clima en prol da confortabilidade, o aforro enerxético e a diminución de emisións contaminantes".

A Xunta de Goberno adxudicou este mércores os traballos, que terán un custo de 45.254 euros e un prazo de execución de sete meses.

A primeira planificación será para o primeiro barrio multiecolóxico de España, situado nas Gándaras, e incluirá tamén a área que ocupa a praza de Agro do Rolo, para incorporar solucións de mellora na contorna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta