O colexio pontevedrés bautizado en honra ao golpista Salvador Moreno chamarase Juan Sebastián Elcano

O paso dado en virtude da aplicación da Lei de Memoria Histórica chega despois de anos de polémica en torno ao nome do centro.

Por E.P. | | 19/08/2021 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

A Xunta oficializou cambio de denominación do colexio pontevedrés que, ata agora, levaba o nome do militar golpista Salvador Moreno, quen, finalizada a Guerra Civil na que tivo un papel protagonista no bando franquista, foi nomeado ministro de Mariña, cargo que ocupou en dúas etapas.

Deste xeito, o centro pasa a denominarse Juan Sebastián Elcano por petición do Ministerio de Defensa, titular do colexio concertado situado na rúa Rosalía de Castro, rebautizada en honra á escritora galega no ano 2002 por orde do goberno local.

Unha rúa que, ata entón, levaba tamén o nome do almirante Salvador Moreno, encargado de dirixir a rebelión no Arsenal de Ferrol o 18 de xullo de 1936, onde se fixo co cruceiro Almirante Cervera. Máis tarde, protagonizou outros episodios da guerra, como o bombardeo de Xixón ou o control do estreito de Gibraltar polos golpistas.

O cambio de nome do colexio pontevedrés faise efectivo coa publicación o Diario Oficial de Galicia da orde da Consellería de Educación, que chega tres meses e medio despois de que Defensa comunicase no seu boletín oficial a nova denominación do centro. O paso dado en virtude da aplicación da Lei de Memoria Histórica chega despois de anos de polémica en torno ao nome do centro.

No ano 2017, o entón presidente do Goberno Mariano Rajoy manifestou durante unha visita a tropas españolas despregadas en Costa do Marfil que seguía referiéndose á rúa Rosalía de Castro polo seu antigo nome, que saíu do rueiro da Boa Vila por unha iniciativa plenaria apoiada por BNG e PSOE e á que se opuxo o PP.

"Vivín moitos anos á beira da Escola Naval de Marín, na rúa Salvador Moreno de Pontevedra. Agora, non se sabe por que, quitáronlle a rúa ao Almirante Salvador Moreno. Pero, en fin, eu sígolle chamando así", dixo o pontevedrés Mariano Rajoy durante aquel desprazamento a África.

Calle Rosalía de Castro en Pontevedra, hasta 2002 se llamaba Salvador Moreno
Calle Rosalía de Castro en Pontevedra, hasta 2002 se llamaba Salvador Moreno | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta