Dous novos positivos por COVID en residencias galegas co que o número de casos suma 101

Segundo a información trasladada este venres pola Consellería de Política Social, nas últimas horas confirmáronse dous casos positivos na residencia Santa Marta de Vigo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2021 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A incidencia do Covid nas residencias de maiores de Galicia mantense sen cambios, con 101 usuarios contaxiados (os mesmos que se notificaron hai 24 horas), despois de que recibisen o alta epidemiolóxica dúas persoas e de que se detectasen dous casos novos.

Segundo a información trasladada este venres pola Consellería de Política Social, nas últimas horas confirmáronse dous casos positivos na residencia Santa Marta de Vigo. Por contra,  "negativizaron" outros dous usuarios da residencia Val de Monterrei, polo que o cómputo total de casos non variou.

Así, a residencia As Gándaras de Lugo segue con 50 usuarios contaxiados con Covid; na residencia García Hermanos de Betanzos hai 28 casos; hai 6 casos na residencia Val de Monterrei; 5 en Santa Marta de Vigo e outros tantos na residencia Soremay de Pontevedra; 4 na residencia de maiores de Ribadeo; un caso en DomusVi Matogrande da Coruña; outro caso en San Estevo de Perlío en Fene; e un caso en DomusVi Vigo.

Con respecto aos centros de discapacidade, non se rexistraron cambios nas últimas horas, e segue habendo 48 casos confirmados no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela; e 9 usuarios contaxiados no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo. En total son 57 os casos neste tipo de centros.

Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press
Dous traballadores conversan na porta da residencia das Gándaras, a maior da provincia de Lugo,a 17 de agosto de 2021.. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta