Galicia suma outro ano cun saldo migratorio positivo.

Presentou un valor positivo de 14.616 persoas no ano 2020.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/08/2021 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O saldo migratorio (diferenza entre as entradas e as saídas) de Galicia en 2020 presentou un valor positivo de 14.616 persoas, un 17,6% inferior ao rexistrado en 2019, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Imaxe recurso emigración - mequieroir.com
Imaxe recurso emigración - mequieroir.com

Os concellos galegos que rexistraron maior saldo migratorio interior (é dicir, o saldo dos movementos con orixe e destino en Galicia) foron Oleiros (+321) e Valdoviño (+306), e os de menor saldo interior en 2020 foron Vigo (-1.997) e A Coruña (-1.885).

Os que presentaron maior saldo migratorio exterior (é dicir, dos movementos con orixe ou destino fóra de Galicia) foron Vigo (+1.621) e A Coruña (+1.110) e os que menos, O Porriño (-57) e Celanova (-19).

Desde 2016, a taxa de inmigración (calculada como as inmigracións por cada 1.000 habitantes) supera á taxa de emigración (emigracións por cada 1.000 habitantes) en Galicia, tomando no ano 2020 os valores de 7,8 saídas por cada 1.000 habitantes e 13,2 entradas por cada mil habitantes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta