Nace a Cooperativa de Orquestras de Galicia para a "contratación transparente" das formacións

O seu obxectivo é "romper cos métodos tradicionais" e publicar os prezos de cada actuación nunha web.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2021 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

Diversas orquestras e agrupacións musicais constituíron COOGA, a Cooperativa de Orquestras de Galicia, co obxectivo de "romper cos métodos tradicionais de contratación e representación de formacións musicais" e así, poder "achegar de forma máis directa e sinxela" a súa música ás persoas consumidoras.

Con esa idea en mente, a Asociación Galega de Orquestras, deseñou unha plataforma web para "facilitar a xestión e a contratación das diferentes formacións". Esta ferramenta, sinala a asociación nun comunicado, ofrece a posibilidade de que cada representante e/ou comisión de festas poida consultar os datos necesarios e configurar as festas "ao seu gusto", "con total transparencia e sendo coñecedores do prezo real de cada formación".

"COOGA nace co obxectivo de beneficiar as diferentes partes que fan posible as festas e verbenas", destacou a asociación. Así, as comisións de festas poderán acceder en tempo real a toda a información necesaria sobre as formacións para a súa contratación e terán a posibilidade, ademais, de manter "contacto directo" cos xerentes de cada agrupación.

Por outra banda, as orquestras poderán "prescindir" dunha "aparatosa" rede de intermediarios para a súa contratación, "depositando a súa confianza naqueles representantes que elas crean pertinentes" e co que, segundo remarcan, poderán ser "máis competitivos nun mercado tan masificado como o de Galicia".

No comunicado, sinalan ademais que os representantes tamén sairán beneficiados coa creación desta cooperativa, pois atoparán nela "a transparencia como principal selo" e "ningún tipo de predilección por ningunha formación", o que se traducirá en oportunidades de traballo "xustas e equitativas".

Arquivo - Orquestra Marbella. Proba piloto de verbenas en festas na Coruña. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Orquestra Marbella. Proba piloto de verbenas en festas na Coruña. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José Manuel Souto Lamas

E deberan incluir coma parte consustancial da sua oferta temática musical galega entre tanto reggaeton, caribian,etc