Pedro Puy empraza ao Goberno central a actuar respecto do nivel de auga nos encoros da conca Miño-Sil

O portavoz do PP no Parlamento de Galicia, sobre a situación da Sanidade pública, sinala que é "un tema moi complexo e difícil" que "non é exclusivo de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O portavoz do PP no Parlamento de Galicia, Pedro Puy, mostrou a "preocupación" do seu grupo polo descenso no nivel de reservas de auga dos encoros xestionados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Goberno estatal.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, o portavoz popular no Pazo do Hórreo defendeu que os encoros que xestiona a Xunta presentan "un nivel aceptable para este período do ano", polo que, ao seu xuízo, "chama moito a atención" como se atopan os que dependen da Administración central.

Unha realidade que "preocupa" porque "vai prexudicar moito ao país" no caso de que se dean episodios de seca durante os próximos meses, polo que emprazou ao Goberno estatal a actuar respecto diso.

SITUACIÓN SANIDADE

Por outra banda, a preguntas dos medios, Puy referiuse a as denuncias por parte dos grupos da oposición ás listas de espera en atención primaria, que motivaron a convocatoria de mobilizacións para reclamar máis medios.

O popular sinalou que se trata de "un tema moi complexo e difícil" que "non é exclusivo de Galicia", xa que se dá en "todas as comunidades" pola "ausencia de médicos" para ocupar prazas de médicos de familia e pediatría.

Neste sentido, lembrou que o Goberno galego puxo sobre a mesa a proposta de realizar unha convocatoria extraordinaria do MIR sobre a que "aínda non hai resposta" por parte do Executivo central. Ademais, tamén reiterou a proposición de crear a especialidade de médicos de urxencia ou a eliminación das taxas de reposición como vías para dotar de "estabilidade" ao persoal interino.

"É un tema complexo que ten que sera abordado con racionalidade", sinalou Puy.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PP
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, en rolda de prensa. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta