O vento pon en alerta este martes á costa da Coruña e as altas temperaturas ao Baixo Miño e Ourense

Agárdanse máis de 34 graos centígrados no sur de Pontevedra e na conca do Miño.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/08/2021 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

O vento costeiro manterá en aviso amarelo ao litoral da Coruña este domingo, xornada na que a conca do río Miño ao seu paso polo sur de Pontevedra e de Ourense continuará en alerta por altas temperaturas.

Deste xeito, a costa da provincia da Coruña estará en alerta amarela por ventos de forza sete durante toda a xornada do martes. O aviso manterase tamén de face ao mércores.

En canto ás altas temperaturas, os máis de 34 graos centígrados que se esperan no sur de Pontevedra e na conca do Miño na provincia de Ourense manterán estas zonas, xunto coa comarca de Valdeorras, en aviso por calor.

Vento e ondas nun temporal no mar
Vento e ondas nun temporal no mar | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta