Arrinca a rodaxe de 'Peregrinas', documental que destaca a importancia da muller na historia do camiño

O proxecto xorde de investigacións do xuíz Taín que constataron máis presenza e contribución das mulleres ao camiño

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2021 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

A rodaxe do documental 'Peregrinas' comezou este martes ás 10,00 horas na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, un traballo que pon o foco na importancia da muller na ruta e busca contar "a historia das peregrinas para contar tamén a historia do camiño". Así, o creador do proxecto, o xuíz José Antonio Vázquez Taín, declarou a Europa Press que a súa idea non é pór por encima o papel da muller sobre o propio camiño, posto que "o camiño non é máis que a xente que o percorre", pero si incidir en que "ten moito de feminino".

Nesta liña, confesou que o documental xorde da súa "paixón polo camiño" e tamén de investigacións propias nas que descubriu que "desde o ano 2017, son máis as mulleres que peregrinan" e que, ademais, "elas fixeron moitísimas contribucións" a este itinerario. Por tanto, recalcou que as mulleres tiveron un papel destacado en facer que o camiño "exista" pero que tamén fose "seguro e cómodo" para o resto de peregrinos.

PROXECCIÓN INTERNACIONAL

Así mesmo, outro dos factores que influíron para pór en marcha esta idea foi a "proxección internacional" que ten o camiño, con páxinas web "punteiras" e unha repercusión mediática "magnífica". A este respecto, fontes da produtora declararon que hai distribuidoras internacionais de Italia, Alemaña, Reino Unido e Estados Unidos interesadas no documental, mesmo sen ter rodado aínda "nin un só plano". Con todo, aseguraron que "a intención" é que se estree en primeira instancia na Televisión de Galicia.

Arrinca o documental sobre Peregrinas no Camiño do xuíz Vázquez Taín
Arrinca o documental sobre Peregrinas no Camiño do xuíz Vázquez Taín | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta