Ferrol arrasa co Nachiños fest, o exemplo dun festival seguro

A cita acolleu a uns 1.000 asistentes durante esta fin de semana baixo un rigoroso control para evitar contaxios.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O pasado 21, 22 e 23 de agosto puidose desfrutar en Ferrol da segunda edición do Nachiños Fest, do que se venderon todas as entradas. O festival, no que participaron artista como Sidonie, Joe Crepúsculo, Veintiuno ou Smile, cumpriru estrictos protocolos de seguridade, como parcelas de ata 6 persoas ou unha app para poder pedir consumicións sen aglomeracións.

Un dos concertos celebrados esta fin de semana no Nachiños Fest de Ferrol - cedida
Un dos concertos celebrados esta fin de semana no Nachiños Fest de Ferrol - cedida

"Puxemos todos os medios para que sexa un festival seguro e demostramos que se pode desfrutar da cultura dunha maneira responsable", aclaran Fer Amador e Jorge Cobelo, orgaizadores do Nachiños Fest. A máscara foi obrigatoria en todo o momento e os asistentes tiñas que estar sentados. Tamén houbo unha aplicación para o móbil para que a xente solicitase as consumicións evitando contacto e recibíndoas no seu asento. Máis de 30 persoas se encargaron de que se cumpriran todas as medidas.

"Esta iniciativa nace da ilusión por achegar a cultura a Ferrol, pero tamén para achegar Ferrol aos amantes da música e que coñezan un lugar e unha xente única no mundo", destaca Amador. Ademais, Cobelo indica que están "moi orgullosos" da acollida que tivo a edición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta