As pernoctacións hoteleiras aumentan un 73% en xullo en Galicia e case o 90% son de residentes en España

Os prezos soben un 9,66% en Galicia, case un punto máis que a media.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/08/2021 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

As pernoctacións en establecementos hoteleiros aumentaron un 73% en xullo en Galicia respecto ao mesmo mes do ano anterior, ata situarse en 1.053.264, delas a gran maioría correspondentes a residentes en España (o 89,4%), segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Mentres, o de prezos hoteleiros rexistrou un incremento do 9,66% en Galicia, case un punto superior á subida experimentada pola media. A tarifa media diaria en hoteis galegos situouse en 69,37 euros, o que supón unha alza do 9,8%; e os ingresos por habitación dispoñible foron de 35,36 euros, un 67,78% máis.

No conxunto estatal, as pernoctacións en establecementos hoteleiros subiron un 7,6% nos sete primeiros meses do ano respecto ao mesmo período de 2020 nun contexto marcado polo impacto da pandemia do coronavirus sobre o sector turístico.

Só no mes de xullo as pernoctacións nos hoteis españois superaron os 26,3 millóns, o que supón multiplicar por máis de dous (+125%) as realizadas no mesmo mes de 2020.

As pernoctaciones hoteleiras dispáranse en xullo en Galicia. EPDATA
As pernoctaciones hoteleiras dispáranse en xullo en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta