A Deputación da Coruña promove unhas guías en materia de igualdade de xénero nas políticas públicas

A deputada de Igualdade sinala que "se trata de seguir traballando activamente na integración da perspectiva de xénero no campo das administracións".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/08/2021 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A área de Igualdade da Deputación da Coruña iniciou o proceso de licitación para a elaboración dunha colección de guías sobre transversalización do principio de igualdade de xénero nas políticas públicas.

O obxectivo é elaborar tres publicacións especializadas que establezan pautas sobre os procesos de organización, mellora, desenvolvemento e avaliación dos procesos políticos, de modo que a perspectiva de xénero se incorpore en todas as políticas, a todos os niveis e en todas as etapas, segundo informa o organismo provincial.

"Estas publicacións especializadas dan continuidade á diagnose e plan de acción levado a cabo pola Deputación da Coruña en relación ás políticas de igualdade no ámbito da provincia", engade.

Neste sentido, a deputada de Igualdade, María Muíño, indica que "se trata de seguir traballando activamente na integración da perspectiva de xénero no campo das administracións, unha tarefa que non resulta fácil en moitos servizos nos que ata agora nunca se traballou con este enfoque".

Hermanager Humor - Feminismo
Hermanager Humor - Feminismo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta