O 45% dos menores de 19 anos ten polo menos unha dose

Os galegos inmunizados rozan xa os dous millóns.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 25/08/2021 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A poboación inmunizada en Galicia ascende a 1.954.852 persoas, 28.355 máis respecto da xornada anterior. Mentres, un total de 105.106 galegos de entre 10 e 19 anos contan con polo menos unha dose da vacina contra a covid-19, o que supón o 45,82% da poboación galega desa idade.

Respecto das pautas completadas, a cifra representa o 79,64% da poboación diana e o 72,40% da poboación xeral, de acordo cos últimos datos publicados este mércores pola Consellería de Sanidade e tras unha xornada centrada na inoculación de segundas doses a mozas de entre 20 e 29 anos, mentres que a vacinación do grupo de entre 12 e 19 anos retomarase a partir do mércores, aínda que tamén se inxectarán doses no caso de autocitas e repescas.

Un grupo de menores esperan a ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura. César Arxina - Europa Press
Un grupo de menores esperan a ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna na Cidade da Cultura. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

GRUPOS DE IDADE

De acordo cos datos publicados por Sanidade, ata agora foron inoculados 176.300 mozos de entre 20 e 29 anos, o que representa o 76,4% da poboación nesta franxa susceptible de recibir a vacina. No tramo de 15 a 19 anos, foron vacinados 71.090 e no de 10 a 14 anos 34.016. En total, nesta franxa, 105.106 persoas contan con polo menos unha dose, o que supón o 45,82% da poboación de entre 10 e 19 anos coa que conta Galicia segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), 229.387 persoas.

Mentres, recibiron polo menos unha dose 253.887 persoas de entre 30 e 39 anos de idade, o que supón o 78,5% do grupo, e a poboación maior de 40 anos que recibiu polo menos unha dose ascende a 1.643.121, un 95,5% da poboación diana.

En total, hai 2.178.414 persoas que recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, un 88,75% da poboación diana e un 80,7% da poboación na súa totalidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta