Temas: PRENSA

Unidas Podemos dá por feita a subida do SMI e "en próximos meses" a derrogación da reforma laboral

Di que "unha vez pasado o peor da pandemia", esta nova etapa "ten que ser o despregamento completo da axenda social do Goberno de coalición".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 25/08/2021 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O deputado de Unidas Podemos e portavoz de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez Reino, asegurou que "unha das primeiras medidas do Goberno" no reinicio do curso político "vai ser unha subida do salario mínimo interprofesional" e espera que "en próximos meses" se logre a derrogación da reforma laboral do PP.

Nunha rolda de prensa convocada no Congreso, o deputado de Unidas Podemos apostou por que, "unha vez pasado o peor da pandemia", esta nova etapa "ten que ser o despregamento completo da axenda social do Goberno de coalición".

Como medida máis inmediata, Gómez Reino defendeu unha subida do salario mínimo, 'conxelado' a principios deste ano á espera de mellores datos de emprego, lembrando que en xullo se rexistrou "a maior baixada a nivel histórico" nos datos de paro.

"Ninguén dubida xa da necesidade e do positivo que é unha nova subida do salario mínimo. É bo para a economía e os traballadores, e para que quen menos gañan poidan achegarse a un factor de equidade", defendeu.

Doutra banda, asegurou que "este curso político ten que culminar co desmonte definitivo da reforma laboral". "Sabemos que o diálogo social está a avanzar, sabemos que avanza positivamente", dixo o deputado galego, animando ao Executivo a "seguir continuando" esta tarefa.

"Non nos cabe dúbidas que esas medidas de desmonte para acabar con taxas de paro estrutural culminará nos próximos meses", aseverou Gómez Reino.

O deputado Antón Gómez-Reino no Congreso. UNIDAS PODEMOS
O deputado Antón Gómez-Reino no Congreso. UNIDAS PODEMOS

Temas: PRENSA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta