Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2021 | Actualizada ás 14:23
A CIG espera que a reunión entre o presidente de Correos e o delegado do Goberno en Galicia "servise para que, dunha vez por todas, se pare a sangría de perda de efectivos" para desenvolver este servizo e outros novos.
"É moi difícil falar de melloras nos servizos cando vén diminuíndo de modo constante o número de traballadores para realizalo", advirte. Con todo, valora a dixitalización das oficinas auxiliares e demais servizos, pero engade que estas melloras "teñen que ir acompañadas dun servizo máis amplo en canto a horarios e tamén en número de efectivos".
O secretario nacional do sector, Jonh Vivanco, sinala que, se hai que "darlle a volta ao despoboamento no rural, son precisas medidas de discriminación positivas, que implican o mantemento de servizos". Con todo, ao seu xuízo, "a realidade mostra unha estampa ben distinta posto que a redución de persoal no rural galego nas últimas décadas é considerable".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.