O BNG en contra da reforma das pensións públicas porque suporán "novos recortes"

Reclama equiparar as pensións ao SMI e alerta sobre o 'Factor de Equidade Interxeneracional'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2021 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O BNG criticou ao Goberno central polo Proxecto de Lei para reformar o actual sistema de pensións, que alega que leva a "novos recortes" nas pensións públicas, xa que supón o aumento da idade de xubilación a 67 anos, o incremento de anos cotizados de 15 a 25 ou manter a "penalización" da xubilación anticipada.

Así, a formación nacionalista pediu a aplicación de medidas "verdadeiramente de esquerdas" como subir as pensións ata igualalas co Salario Mínimo Interprofesional (SMI), creación de emprego e inclusión no mercado laboral dos mozos.

Ademais, alertou nun comunicado sobre "as consecuencias negativas" do 'Factor de Equidade Interxeneracional', isto é, o cálculo de cantos anos vai vivir unha persoa unha vez xubilada para saber cantos meses recibirá unha pensión, un cálculo que debe ser revisado cada cinco anos.

PERMANENCIA NO MERCADO LABORAL

Nesta liña, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinalou como "profundamente negativo" que unha das medidas sexa incentivar ás persoas a quedar no mercado laboral máis aló da idade de xubilación, o que, apunta, "dificultará aínda máis a incorporación da mocidade ao mercado laboral".

Así mesmo, Rego reprobou ao Goberno do Estado o "incumprimento" do seu compromiso de subir as pensións mínimas e asegurou que, mentres non se equiparen as pensións ao SMI "para situar ambos os progresivamente en 60% do salario medio, como establece a Carta Social Europea" non se actuará "con equidade e xustiza social".

Por outra banda, Rego afirmou que as medidas terán unha contestación de "amplos sectores da clase traballadora galega" e instou ao Goberno central a cambiar "radicalmente" de políticas. Entre outras cuestións, sinala a recuperación da xubilación ordinaria aos 65 anos, "favorecer" a xubilación anticipada con 40 anos cotizados e sen penalización ou reducir a xornada laboral sen reducir salarios.

O deputado do BNG, Néstor Rego.. BNG
O deputado do BNG, Néstor Rego.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Traballar máis anos e bloquear o acceso dos mozos e mozas ! Reducir as pensións ! Aumentar os prezos da enerxía e dos combustibles ! Incrementar os prezos da vivenda ata o infarto! e degradar a Sanidade e a Educación Públicas Esta é a política progresista de Su Sanchidad? Eso sí os negocios das Fundacións Eclesiásticas seguen sen cotizar un € !