Fin de semana da 'oportunidade' en Allariz

O 28 e o 29 de agosto unha ducia de establecementos da vila ofrecerán importantes ofertas e descontos.

Por X.M. Fernández | Allariz | 26/08/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Durante estes dous días que durará a campaña "Allariz é oportunidade", os clientes poderán atopar estupendas ofertas e descontos dunha gran variedade de produtos que inclúen moda, calzado, deportes, roupa infantil, complementos e librerías, entre outros.

Presentación da campaña. Foto: Prensa Concello de Allariz
Presentación da campaña. Foto: Prensa Concello de Allariz

Os establecementos que participan procederán a facer liquidación do stock da tempada de verán e os clientes que merquen durante estes días entrarán nun sorteo de tres talóns con vales para mercar nestes comercios.

María López, Concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo quixo agradecer, ás persoas que conforman o sector, a súa implicación e compromiso durante estes complexos momentos. Así mesmo, resaltou "o valor e a responsabilidade que compartimos no cometido de lograr facer de Allariz un lugar atraente para vivir e para visitar" e sinalou "a importancia de dar apoio, entre todos, ao comercio local, tendo en conta a complicada situación pola que os comerciantes pasaron e están a pasar durante estes tempos de pandemia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta