Grupos de desenvolvemento rural convocan o concurso de música tradicional 'Sons do rural'

O concurso está destinado a trabajos que versen tanto na recreación ou evolución de pezas tradicionais, como en pezas de nova creación que beban da música de raíz.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/08/2021 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

Os grupos de desenvolvemento rural Asociación Deloa, Salnés-Ulla-Umia e Ribeira Sacra-Courel asinaron un convenio de colaboración para traballar en rede no concurso 'Interritmos: Sons do Rural', segundo informan. Trátase dun proxecto enmarcado dentro da medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, que busca a potenciación do patrimonio musical galego.

O concurso está destinado a músicos, grupos ou bandas instrumentais ou vocais, de ata un máximo de oito compoñentes, con traballos que versen tanto na recreación ou evolución de pezas tradicionais, como en pezas de nova creación que beban da música de raíz.

Para o seu desenvolvemento, primeiro terá lugar un concurso de maquetas en liña. De entre todos os participantes, un xurado profesional seleccionará seis finalistas que participarán nun encontro musical o 25 de setembro no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove.

Nel, a través dunha actuación en directo, serán seleccionados dous grupos/artistas gañadores, que realizarán un circuíto musical en vivo nos territorios implicados. O prazo para a presentación de maquetas está aberto desde o 25 de agosto ata o 13 de setembro.

San Vicente do Mar, O Grove
San Vicente do Mar, O Grove

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta