Néboas, nubes medias e altas e treboadas no interior

Os termómetros marcarán valores máximos situados entre os 36 graos previstos en Ourense, e os 24 graos que se esperan en Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2021 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

A influencia do anticiclón manterase este xoves en Galicia e os ceos presentarán nubes de tipo medio e alto, con posibilidade de chuvascos treboentos en zonas de interior.

Segundo a previsión de Meteogalicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente, formaranse néboas localmente persistentes en zonas do litoral atlántico, e as temperaturas máximas sufrirán un lixeiro descenso, excepto no norte de Lugo, onde subirán levemente.

En canto ao vento, soprará moi frouxo de compoñente Sur, manténdose o vento do Nordeste no litoral norte, con refachos fortes na zona de Bares.

Os termómetros marcarán valores máximos situados entre os 36 graos previstos en Ourense, e os 24 graos que se esperan en Vigo. En canto ás mínimas, oscilarán entre os 16 graos de Lugo ou Santiago, e os 18 graos de Ferrol e A Coruña.

Mapa da previsión meteorolóxica de Galicia para a tarde do 26 de agosto de 2021.. METEGALICIA-XUNTA DE GALICIA
Mapa da previsión meteorolóxica de Galicia para a tarde do 26 de agosto de 2021.. METEGALICIA-XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta