Ventos teocráticos

A vida política nas diferentes partes do mundo xira a golpes de timón e, moitas veces, trae novas inesperadas. De súpeto dende o século vinteún pásase a ollar a idade media. E todo parece camiñar cara atrás.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 26/08/2021

Comparte esta noticia
Cando en case todo o mundo o poder político independizouse  do relixioso, despois de vinte anos de vivir tentando rachar co pasado, os americanos e os demais socios fuxen de Afganistán e volve o pesadelo do poder teocrático.
 
Qué  pouco  se aprende de ollar e analisar a historia. Un refrán moi popular di: cría corvos que logo che arrincarán os ollos. E así é. Os americanos   tentando amolar a outras potencias, hai anos, déronlle folgos ós Talibáns, cando istes só eran un grupiño. A competencia cos rusos na loita pola exemonía mundial levounos a esa postura. Logo, veu o terrorismo e a caída das torres xemelas; despois  a invasión de Irak e a intervención en Afganistán.  E agora, logo de vinte anos fuxen deixándolle ós barbaros armas e material pra fortalecérense  máis e pasar polo forro os dereitos humanos e, en especial, os da mulleres.
 
Tristeiro papél de occidente nese conflito. Tristeiro papel dos ianquis en Irak onde soamente levaron destrucción. Sí, derrubaron a un ditador sanguinario, mais abriron as portas a unha loita trival entre os iraquís e todo co conto das armas de destrucción masiva.
 
E agora qué?  Que facer cos milleiros de refuxiados que fuxen dun goberno que vive nos tempos do fanatismo relixioso.  As relixións, que se alimentan da boa fé da xente e que  se apoian nas cruzadas pra poder seguir  influindo no poder político,  están no cerne de moitos  pesadelos mundiais.
 
Volven tempos teocráticos onde o que se pretende é frear a evolución das sociedades. Onde o obxectivo é impoñer a fé sobor da razón ou se o prefiren do racionalismo. Razón e fé sempre andiveron en loita pola supremacía.  E de novo, apoiándose na relixión, os talibáns pretenden machacar as liberdasdes de pensamento, asociación e  das persoas. Claro que occidente negocia con outros paises como Arabia Saudí onde a muller tamén as pasa estreitas.
 
Nós, que vivimos en democracia, tamén estamos expostos ós ventos do retroceso e a perda da liberdade de expresión.  No fondo do vaso acobillan   as ansias de controlar o poder  mediante a imposición de cuestións  ideolóxicas que actúan como se fosen dogmas de fe.  E a  iso chámase controlar as super  estructuras mentais.
 
Vivimos nun tempo onde todo se move, e  semella que a nosa sociedade está enriba de areas pouco estabeis. Pois tamén, en occidente, e por ende no noso estado,  esperan o momento os fundamentalistas coa túnica do patrioterismo de bandeira na solapa e  na pulseira. Ollo con eles, pois aínda que non o din claramente, añoran e desexan volver á ditadura, a longa noite de pedra, á teocrácia encuberta.  E deso xa  quedamos ben  fartos.
En fin, a vida diaria no mundo dá moitas voltas que non están previstas.  E o acontecido en Afganistán  é un bo indicativo  de que os inanquis alimentaron  corvos que, dende hai anos,  queren arrincarlle os ollos.

Talibáns en Afganistán
Talibáns en Afganistán | Fonte: Isafmedia - Wikimedia.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com