Son compatibles as liñas de alta tensión cos valores que protexen a Reserva e o Parque do Xurés?

A plataforma Stop Eólicos Xurés-Celanova pedirá aos comités científicos destes espazos que se pronuncien para coñecer como afectarías as LAT dos dous futuros polígonos eólicos na reserva.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A plataforma Stop eólicos Xurés-Celanova súmase ás alegacións ecoloxistas contra a liña de alta tensión no Xurés para dar servizo a dous futuros polígonos eólicos, e demantará do Comité Científicos da Rerserva da Biosfera Gerês-Xurés e do Parque Natural do Xurés que informen sobre a compatibilidade da LAT (Liñas de Alta Tensión) e dos polígonos asociados cos valores que protexen a Rerserva e o Parque.

Parque Natural da Serra do Xurés
Parque Natural da Serra do Xurés | Fonte: Adrián Regos.

Ademais a plataforma celebrará mañá, venres 27 de agosto, unha asamblea aberta ao público en Celanova para preparar a marcha en defensa da Casa da Neve, prevista para o sábado 4 de setembro, con saída da explanada das piscinas ás 10 da mañá. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta