As orquestras máis famosas de Galicia volven aos escenarios dos concellos galegos

A París de Noia pechará o programa AmesOn o venres 3 de setembro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2021 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Galicia comeza a volver a desfrutar das orquestras máis famosas e máis seguidas. A París de Noia actuara en Ames o próximo 3 de setembro para pechar o programa AmesOn. A orquestra actuará no aparcamento do Supercor, no Milladoiro, ás 21:15 horas. Cada solicitante poderá adquirir un máximo de 3 entradas e haberá un aforo de 950 persoas. 

A orquesta París de Noia actuando en Camanzo, nunha imaxe do seu Facebook
A orquesta París de Noia actuando en Camanzo, nunha imaxe do seu Facebook

A Concellaría de Promoción Econímica despide o último mes do AmesOn apostando pola música en vivo da Orquesta París de Noia e coa novidade da introducción dentro do seu espectáculo de 15 minutos de cancións infantís. Como teloneiros, actuarán as gañadoras da primeira edición do concurso de karaoke "Canta con Ames". 

O Concello de Ames indica nun comunicado que a orquestra mostratá ou seus xa habituais espectáculos musicais pero que "tamén farán un percorrido pola música en galego máis representativa de artistas autóctonos".

O acceso ao espectáculo habilitarase entre ás 20:00 horas e ás 21:15 horas pola rúa Agro do Medio. Nesta rúa o día 3 de setembro non se poderá aparcar dende ás 8:00 horas e pechara a súa riculación ás 15:00 horas. A acomodación realizarase por ode de chegada e a distribución do espazo será con asentos separados individualmente segundo a normativa vixente. O público non poderá acceder ao recinto con bebida ou comida. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta