Convocado un cribado este sábado para 1.300 veciños de entre 20 e 49 anos en Cerdedo-Cotobade

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés convocará por SMS a 1.300 habitantes do municipio con cartón sanitario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2021 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade convocará este sábado a uns 1.300 veciños de entre 20 e 49 anos de Cerdedo-Cotobade co fin de detectar portadores asintomáticos de covid-19.

O cribado voluntario, que se realizará mediante PCR, realizarase no pavillón de deportes de Tenorio entre as 09,00 e as 14,00 horas e entre as 16,00 e as 21,00 horas.

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés convocará por SMS a 1.300 habitantes do municipio con cartón sanitario.

Doutra banda, o Concello da Lama considerou decepcionante os resultados do cribado masivo realizado este xoves no municipio, con só un 21,9 por cento de participación.

En total, participaron 103 das 407 persoas convocadas que o rexedor, David Carreira, tacha de insuficiente, "sobre todo polo esforzo público" que supoñen este tipo de probas para a administración e a súa importancia para localizar asintomáticos "que poden estar a expandir o coronavirus".

Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo.. Rosa Veiga - Europa Press
Mozos acoden a un dispositivo de cribado masivo.. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta