"Volta ao cole", as familias galegas gastarán un 78% máis con respecto a 2020

Un estudo tamén revela que o 67% dos enquisados non ten pensado gastar máis que en anos anteriores nestas compras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2021 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

As familias galegas desembolsarán 354 euros de media nesta 'volta ao cole', un 78% máis de diñeiro con respecto ao ano 2020 en gastos propios do inicio do curso escolar, segundo se recolle no estudo estacional do Observatorio Cetelem que se deu a coñecer este venres.

Este informe tamén afirma que a maior parte dos enquisados --o 67%-- recoñece que non ten previsto gastar máis que en anos anteriores, en contraposición a un 19%, que si cre que vai asumir maior gasto, en concreto, "catro puntos porcentuais máis que o ano pasado", apunta o Observatorio nun comunicado.

O Observatorio aclara igualmente que existe un descenso de dous puntos porcentuais entre aqueles que declaran ter pensado gastar menos que en 2020.

HÁBITOS DE COMPRA

En canto a hábitos de compra, o 47% dos entrevistados afirma non cambialos e seguirá comprando os produtos para o curso escolar en tenda física.

Deste mesmo estudo despréndese que o 31% declara que pasou de realizar as compras de forma presencial a realizalas de maneira en liña debido á crise sanitaria. Igualmente, existe unha porcentaxe de persoas --o 23%-- que xa efectuaba as compras por Internet antes da pandemia e que agora o seguirá facendo.

PRODUTOS MÁIS DEMANDADOS

Por outra banda, o Observatorio apunta ao material escolar, libros e roupa como os produtos máis demandados para volver ás clases, con porcentaxes de compra en alza do 49%, 48% e 43%, respectivamente.

Así mesmo, crece a intención de gastar na adquisición de máscaras e xeles desinfectantes e a metade dos pais, aproximadamente, pensan que a compra destes materiais suporá "un maior desembolso que no curso pasado.

Alumna escribe con xiz nunha lousa.. XUNTA - Arquivo
Alumna escribe con xiz nunha lousa.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta