Sanidade citará a 3.000 veciños de Poio de 15 a 39 anos para un cribado

Non se detectou ningún caso positivo por Covid no cribado realizado o pasado martes en Catoira con 570 persoas citadas, das que asistiron 266 (un 47 %).

Por E.P. | VIGO | 27/08/2021 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

O Sergas convocará vía SMS a 3.000 veciños da localidade pontevedresa de Poio, que serán citados para este luns e este martes, para a realización dun cribado mediante probas PCR, en busca de casos asintomáticos de Covid-19.

Segundo informaron fontes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, os cribados voluntarios realizaranse, en coordinación co Concello, no pavillón de deportes da Seca, en horario de mañá e de tarde.

Para as probas serán citadas unhas 3.000 persoas de entre 15 e 39 anos de idade, titulares de cartón sanitario activa nesta localidade, que serán atendidor por dous equipos de enfermaría.

As mostras serán posteriormente analizadas no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, e os resultados serán comunicados por SMS en caso de ser negativos. Se o resultado é positivo, o Sergas contactará coa persoa de forma persoal e individual.

Por outra banda, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés confirmou que non se detectou ningún caso positivo por Covid no cribado realizado o pasado martes no concello de Catoira. Para esas probas estaban citadas 570 persoas, das que asistiron 266 (un 47 %).

Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos
Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta