Baltar enxalza a escola de ciclismo de Maceda como "espello da promoción e fomento do deporte"

O presidente da Deputación de Ourense móstrase satisfeito polas reformas executadas nas instalacións, "as únicas cubertas en España".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 27/08/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou este venres as instalacións da Escola de Ciclismo de Maceda, un centro de adestramento que cualificou como "o espello da promoción e o fomento do deporte no ámbito nacional".

Durante a visita, acompañado polo alcalde do Concello, Rubén Quintas, e o director e impulsor da escola, Xulio Conde, o presidente provincial confirmou que a Deputación "seguirá apostando con novos investimentos" por un espazo de "referencia en España" que "ten dado nomes relevantes para o ciclismo".

Así citou a Carlos Canle, que participa na Volta a España, e a Ane Santisteban que competirá na 'Ceratizit Challenge by A Volta', a carreira feminina máis importante do calendario internacional e que terá tres etapas na provincia de Ourense.

Ademais, Manuel Baltar, mostrouse satisfeito polo resultado das reformas executadas nas instalacións, "as únicas cubertas en España".

O centro conta cun bicipark e un pump track ou circuíto de saltos e peraltes, situados nunhas naves cedidas polo Concello nas que adestran 70 ciclistas de todas as categorías. Por iso, Baltar anunciou que a Deputación investirá 39.000 euros na reforma das cubertas e na instalación de elementos de seguridade.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar | Fonte: DEPUTACIÓN DE OURENSE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta