Arde un coche no garaxe dunha residencia de maiores da Coruña

O incendio saldouse sen persoas afectadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2021 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Os efectivos dos bombeiros da Coruña apagaron durante a noite do venres un incendio declarado nun coche que se atopaba estacionado no garaxe dunha residencia de maiores da cidade herculina.

Diso informou este sábado o CIAE 112 Galicia, que sitúa o suceso ás 23,00 horas do venres nun centro de maiores situado na rúa Federico García da Coruña.

Ata alí mobilizáronse os efectivos de emerxencia, que apagaron un incendio saldado sen persoas afectadas.

Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo
Parque de Bombeiros. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta