Dous feridos nunha saída de vía na A-52 á altura de Verín

Unha delas foi evacuada de emerxencia ao hospital de Ourense no helicóptero de Urxencias Sanitarias 061.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2021 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas tras sufrir unha saída de vía co vehículo no que viaxaban polo termo municipal de Verín.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que tivo constancia do sinistro ás 17,00 horas deste sábado a través de varias chamadas telefónicas. O accidente ocorreu á altura do quilómetro 160 da A-52, en Verín. Segundo as testemuñas, o coche saíuse da vía, caeu por un desnivel e terminou envorcado.

Dúas das persoas que viaxaban a bordo resultaron feridas e precisaron atención médica. Unha delas foi evacuada de emerxencia ao hospital de Ourense no helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, mentres que a segunda vítima foi trasladada en ambulancia.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta