Unha colisión múltiple en Laxe sáldase con tres persoas feridas

As persoas feridas tiveron que ser trasladadas en ambulancia.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/08/2021 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Unha colisión múltiple entre tres vehículos no municipio coruñés de Laxe terminou con tres persoas feridas que tiveron que ser trasladadas en ambulancia.

Os feitos ocorreron este sábado ás 20,00 horas no punto quilométrico 6 da estrada comarcal AC-433. Foron varios os particulares que chamaron ao 112, que inmediatamente desprazou ata o lugar do suceso ao 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso e aos membros de Protección Civil da localidade.

A propia Protección Civil informou ao 112 Galicia que tres persoas foran trasladadas en ambulancia. Acto seguido, o 112 púxose en contacto co persoal de mantemento para que levara a cabo a limpeza da vía.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta