Baixan a 110 o número de usuarios contaxiados en residencias de maiores, tras un negativo en Monterrei

O número de total de usuarios contaxiados en centros de discapacidade mantense en 51.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2021 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Os usuarios contaxiados en residencias de maiores baixaron a 110 tras negativizarse o caso activo que quedaba no centro Val de Monterrei.

Tal e como informou o Sergas, o total de casos activos en residencias complétase con 72 infeccións no centro das Gándaras, 20 na residencia García Irmáns de Betanzos, catro na de Santa Marta de Vigo e 11 na RM e Apt. San Vitorio de Baralla.

Ademais, aínda queda un caso activo na residencia Santo Estebo de Perlío (Fene), outro na de Ribadeo, e un máis na residencia Someray de Pontevedra.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, o número de total de usuarios contaxiados mantense en 51, con 48 usuarios contaxiados no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela, e outro tres usuarios no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo.

Lugo. Brote de Covid19 na Residencia de maiores das Gandaras con 49 residentes afectados. O centro é de titularidade pública e dependente da Xunta. Na imaxe, unha traballadora atende a un familiar ás portas do centro.. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press
Lugo. Brote de Covid19 na Residencia de maiores das Gandaras con 49 residentes afectados. O centro é de titularidade pública e dependente da Xunta. Na imaxe, unha traballadora atende a un familiar ás portas do centro.. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta