Atopan o corpo sen vida dun home preto do peirao de Ares

Unha persoa resulta ferida nunha saída de vía en Xermade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/08/2021 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun home foi atopado no mar este domingo, nas proximidades do peirao da localidade coruñesa de Ares, onde foi rescatado polos servizos de emerxencias.

Tal e como informou o 112 Galicia, o servizo tivo constancia dos feitos ao redor das 16,00 horas, cando o GES de Mugardos notificou aos operadores do 112 a súa participación no rescate, en colaboración con Salvamento Marítimo.

Así, segundo a información transmitida por Salvamento Marítimo, foi unha persoa particular a que atopou o corpo do home flotando no mar e tratou de achegalo ata unha zona rochosa, lugar de onde foi rescatado por unha das súas embarcacións, a Salvamar Betelgeuse, e os membros do GES de Mugardos.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertou aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil, á Policía Local, ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos membros de Protección Civil de Ares.

FERIDO NUN ACCIDENTE EN XERMADE

Por outra banda, unha persoa resultou ferida nunha saída de vía co vehículo no que circulaba no municipio de Xermade ao redor das 18,15 horas deste domingo.

Foi un particular o que, ao redor desa hora, deu aviso ao 112 para solicitar asisencia médica para o accidentado. Segundo relatou a testemuña, un coche acababa de ter un accidente na estrada que une Xermade con Miraz, á altura do lugar de Currás. Ademais, afirmaba que o turismo estaba envorcado e que había unha persoa que non podía saír do seu interior.

O CIAE-112 notificou os datos aos Bombeiros de Vilalba, ao 061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade lucense.

Á chegada dos Bombeiros ao momento, a vítima xa estaba fóra do vehículo, e estaba a ser atendida polo persoal sanitario, polo que non foi necesario excarcerar.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta