Catro falecementos elevan a 2.564 as vítimas da covid en Galicia

Todas elas presentaban patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2021 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Sanidade notificou catro falecementos que elevan a 2.564 as vítimas do coronavirus en Galicia desde que se iniciou a pandemia. Segundo apuntan, todas presentaban patoloxías previas.

Concretamente, o 27 de agosto faleceu un home de 96 anos en Povisa, mentres que o día 28 fixérono unha muller de 89 anos e un home de 72 anos no CHUO.

A este domingo, 29 de agosto, corresponde o falecemento dunha muller de 90 anos no CHOP, pero que procedía da residencia de maiores de Someray.

Arquivo - Cama de hospital. EUROPA PRESS - Arquivo
Arquivo - Cama de hospital. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta