O aparcadoiro disuasorio de Canido conta xa cun panel colaborativo de "sticker art", a arte de decorar con adhesivos

A iniciativa forma parte da programación do festival "Meninas de Canido" e promóvea o fotógrafo Carlos Muiños co lema "Pégate ás Meninas".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/08/2021 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O aparcadoiro disuasorio de Canido albergará, desde hoxe, un panel colaborativo de "sticker art", no marco da programación oficial do festival  "Meninas de Canido". O fotógrafo local, Carlos Muiños, promove este movemento artístico que consiste en decorar a contorna urbana con adhesivos.

O fotógrafo local Carlos Muíños inaugurando o panel colaborativo de 'sticker art'.
O fotógrafo local Carlos Muíños inaugurando o panel colaborativo de 'sticker art'.

O movemento colaborativo rexerase por unha serie de "sinxelas" normas: deixar libre o interior das letras coa mensaxe de "Pégate ás Meninas'" e colocar máximo dous adhesivos do mesmo deseño e con suficiente espazo entre eles. Ademais, haberá que "respectar os adhesivos que xa estean colocados e repartilos de maneira uniforme polo panel".

O propio Muiños foi o encargado, esta mañá, de inaugurar o panel de arte urbana con dous dos seus adhesivos, iniciando este movemento co que espera "promover a creatividade e atraer a artistas desta disciplina para visitar o barrio de Canido".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta