Caen ao mar dous turistas suízos co seu coche no porto da Illa

Os propietarios do coche sinistrado presentáronse esta mañá na Policía Local para explicar o ocorrido, á vez que se puña en marcha un dispositivo para rescatar o vehículo que, coa marea alta, permanece cuberto pola auga.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 30/08/2021 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

Un vehículo de matrícula suíza no que viaxaban dous turistas caeu ao mar na madrugada deste luns nun dos pantaláns do porto de O Xufre, na Illa de Arousa. Con todo, os dous ocupantes non sufriron danos persoais.

Segundo declararon os propietarios do vehículo, unha parella de mediana idade con residencia en Suíza e que se atopaba pasando uns días de vacacións, transitaban, despois de cear, polas inmediacións do peirao de O Aguiuncho. O descoñecemento da zona e un posible descoido provocaron que o coche se saíse da calzada e caese por un pequeno dique.

A escasa altura do dique rochoso e o feito de que nese momento a marea estivese a baixar permitiu que as dúas persoas que ían no vehículo puidesen abandonalo sen sufrir dano algún antes de que este se mergullase parcialmente e acabase debaixo dun dos pantaláns que serven de abrigo aos barcos bateeiros.

Os propietarios do coche sinistrado presentáronse esta mañá na Policía Local para explicar o ocorrido, á vez que se puña en marcha un dispositivo para rescatar o vehículo que, coa marea alta, permanece cuberto pola auga.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta