O Círculo de Empresarios de Galicia elixirá o próximo 29 de setembro ao seu novo presidente

Calquera asociado cunha antigüidade superior a tres anos que conte con, mínimo, 25 asociados que o apoien, pode presentarse.

Por E.P. | VIGO | 30/08/2021 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

A Xunta Directiva do Círculo de Empresarios de Galicia convocou para o próximo 29 de setembro a asemblea xeral extraordinaria na que se elixirá ao novo presidente ou presidenta desta organización empresarial, ao expirar o mandato de Patricia García.

De acordo cos prazos establecidos na convocatoria poderán presentarse candidaturas ata o 14 de setembro. No caso de que haxa máis dun aspirante constituirase unha mesa electoral que comprobará que as listas cumpren os requisitos esixidos legal e estatutariamente, e velará polo correcto desenvolvemento do proceso electoral. Cada candidatura deberá incluír proposta para os cargos de presidente, dous vicepresidentes, secretario e tesoureiro, así como un número de vogais non inferior a cinco nin superior a dez.

Calquera asociado, persoa física ou xurídica a través do seu representante, pode optar á presidencia do Círculo, e debe ter unha antigüidade mínima de tres anos e contar co apoio de 25 firmas ou máis de asociados que lle apoien. O candidato ou candidata á presidencia deberá expor as liñas fundamentais do seu programa previamente á votación electoral.

Os elixidos tomarán posesión dos seus cargos unha vez aprobada a súa designación pola asemblea xeral extraordinaria, inmediatamente despois do reconto de votos.

Juan Vieites presidente da CEG
Juan Vieites presidente da CEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Quixeramos saber para que serve este chiringuito empresarial con sede en Vigo ? Amáis de obter un beneficios interesante polo alugueiro dos locais nas Torres de García Barbón para engordar o patrimonio dun tal Alvariño https://www.google.com/maps/d/viewe... Club de Paparotas de Galicia ?