Agosto remata con ceos con nubes e chuvascos treboentos

A mínimia será de 15º en Lugo e a máxima de de 32 en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A situación meteorolóxica do último día de agosto quedará marcada por unha situación indefinida en superficie e a entrada de aire frío en capas medias e altas da atmosfera, segundo informa Meteogalicia.

Isto deixará os ceos con intervalos de nubes medias e altas e chuvascos treboentos a partir do mediodía, estendéndose tamén na madrugada do mércores.

Repetiranse as néboas no litoral atlántico. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés no extremo norte e frouxos variables no resto con réxime de brisas no litoral atlántico pola tarde.

As mínimas oscilarán entre os 15 graos de Lugo e os 19 graos de Ourense, mentres que as máximas rexistrarase nesta última con 32 graos. Na Coruña, a máxima será de 26 graos; igual que en Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela, mentres que en Lugo e Vigo será de 25 graos.

Predición meteorolóxica para o martes, 31 de agosto. METEOGALICIA
Predición meteorolóxica para o martes, 31 de agosto. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta