Os axentes fórmanse en violencia de xénero

A Xunta convoca un curso sobre violencia de xénero para axentes destinados en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

A Academia Galega de Seguridade Pública convocou un curso sobre violencia de xénero para membros das forzas e corpos de seguridade destinados en Galicia. Trátase dunha actividade especialmente dirixida aos axentes de primeira intervención nestes casos.

Ante a recente emisión dunha instrución por parte da Secretaría de Estado de Seguridade, pola que se establece un protocolo de primeiro contacto policial con vítimas de violencia de xénero en situación de desprotección, organizouse unha formación específica, segundo publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) este martes.

Entre os obxectivos está a adquisición de habilidades de detección, información, prevención, protección e intervención con vítimas de violencia de xénero e agresores e identificar os factores de risco de relevancia para a seguridade das vítimas.

Tamén coñecer os sistemas de valoración de risco de violencia grave sobre a parella e desenvolver mecánicas de información e investigación cando se presuma a negativa ou ausencia de denuncia por parte da vítima.

As prazas ofertadas son 160 e o prazo de presentación de solicitudes ábrese este mércores, ás 08,00 horas, e estará aberto ata as 14,00 horas do 10 de setembro.

Imaxe recurso de violencia de xénero. XUNTA DE GALICIA
Imaxe recurso de violencia de xénero. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta