Galicia segue a recuperación de quinta onda aínda que máis lenta que o conxunto do Estado

Hai menos contaxios activos, menos novos casos e menos presión hospitalaria pero a media de contaxios é superior á de 242,18 por 100.000 habitantes de España.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/08/2021 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Galicia continúa a súa recuperación da quinta onda da pandemia do coronavirus con descensos en todos os índices, como o número de casos activos, 8.022, o que supón 275 menos que a anterior xornada, e tamén baixan os novos contaxios, con 36 menos, e a presión hospitalaria.

PCR
PCR | Fonte: Europa Press.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) das 18 horas de onte, luns 30 de agosto, hai un total de 224 pacientes ingresados por covid-19 nos hospitais galegos, o que supón 31 menos que o domingo, dos que 169 están en planta, 32 menos, e 55 seguen na UCI, un máis.

O número de contaxios sitúase por baixo dos 300, en concreto en 269, mentres que os casos activos quedan en 8.022 tras unha redución de 275 nun día, unha baixada lixeiramente inferior á anterior, de 332.

A incidencia acumulada en Galicia continúa en descenso e está en 267,52 casos por cen mil habitantes a 14 días, o que supón 27 puntos menos que a do venres, por encima da media estatal de 242,18. Con todo, a taxa de positividade é do 8,11%,  inferior á media española do 9,43 %, segundo os últimos datos facilitados onte polo Ministerio de Sanidade.

Por áreas sanitarias, só a de Santiago de Compostela rexistra un lixeiro incremento de casos, con once máis, até os 1.317. No resto de áreas o descenso é xeneralizado, empezando pola da Coruña, con 2.083 casos (-95); Vigo, con 1.391 (-81); Lugo, con 1.437 (-20); Santiago; Ourense, con 672 (-15); Ferrol, con 565 (-21); e Pontevedra, con 557 (-32).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta